RIBEIRA> O concello de Ribeira conmemorará os días da poesía e do teatro cun amplo programa de actividades. O ‘Marzo do Espectáculo’ ofrecerá ós ribeirense diversos espectáculos culturais para todo tipo de públicos.
O mes de marzo reúne destacadas efeméridos. Ademais do día da Muller, o 8-M, o 20 celébrase o Día Mundial da Poesía e o 27 o do Teatro. Por esta razón, dende o departamento de cultura de Ribeira programaron unha extensa oferta de actividades para todo tipo de públicos. Haberá 4 propostas teatrais para público adulto que se desenvolverán no auditorio municipal os venres ás nove e cuarto.
O público infantil e familiar poderá disfrutar o sábado día 4 dun concerto de Pablo Día noCentro cultural Lustres Rivas.
O 11 de marzo achegaranse á maxia da man do Mago Pico mentres que o día 25 tocaralle a quenda ó Circo Chosco cun espectáculo na Porta do Sol.