O BNG da Pobra levará a pleno a recuperación do Barrio dos Cataláns

    POBRA> O BNG da Pobra presentará no pleno deste mes de setembro unha moción na que esixe a convocatoria inmediata dun concurso de ideas para a recuperación das naves industriais, e a recuperación integral do Barrio dos Cataláns. O voceiro municipal do BNG pobrense, Ramiro Ouviña, declarou que tralo modelo especulativo no que se baseaba na barbulla inmobiliaria, é tempo de voltar a traballar nun modelo de cidade sostible. A este respecto, Ouviña sinalou que a parte sur do barrio do Arenal, está afectado pola segunda fase do proxecto “Rexeneración Ambiental do Ecosistema das Marismas da Xunqueira”. Éste inclúe a demolición das naves existentes e o retranqueo do Paseo do Areal. E por iso que o grupo municipal do BNG esixirá no pleno de setembro a convocatoria dun concurso de ideas para poñer solución a este asunto.