O sorteo das mesas electorais obrigrá a pechar algúns negocios

SANXENXO> Propietarios de negocios molestos por ter que deixar os seus establecemento para acudir á convocatoria da mesa electoral. Os salóns de peiteado e estética atópanse en temporada alta por mor das comuñóns. A xunta electoral non acepta as súas reclamacións.

A xornada electoral paraliza case todo o país, pero existen establecementos e locais que non se deteñen nin polas urnas. É o caso dos salóns de peiteado e os centros de estética que esta fin de semana aumentan o seu traballo debido ás comuñóns.

Ata 10 citas tiña María Elva Castro para o domingo e que tivo que trasladar ó sábado, coa masificación de traballo que iso supón. Nesta situación, atópanse tamén máis compañeiras.

As autónomas presentaron unha reclamación pero a xunta electoral denegou as súas alegacións.

María asegura que ter que pechar o domingo causaralle perdas, xa que moitas clientas prefiren ir o propio día da celebración a peitearse.