O Concello de Vilagarcía e Ahituvi preparan 22 mil vasos reutilizables para as festas de San Roque

VILAGARCÍA> Ademais da seguridade o concello tamén reforzará os servizos de limpeza. Para facilitar a súa labor durante as festas de San Roque o goberno xunto con Ahituvi levarán a cabo unha campaña de comunicación coa venta de 22 mil vasos reutilizables . Buscan reducir as cantidades de lixo e fomentar o uso de materiais alternativos ao plástico. Terán un custo de un euro e poderán ser cambiados ou devoltos despois de utilizalo, pero dende o concello agardan que moitos os garden como recordo.

Son moitas as festas que se celebran cada ano deixando unha imaxe lamentable coas rúas cheas de sucidade. Para reducir as cantidades de lixo o concello de Vilagarcía e Ahituvi poñen en marcha unha campaña de comunicación con 20 mil vasos reutilizables.

Haberá dous tamaños de vasos diferentes que terán un custo dun euro, o que se busca é que os clientes os cambien ou os devolvan despois de utilizalos, aínda que dende o goberno agardan que moitos os garden como recordo.

A diferencias dos vaos de plásticos normais, estes están feitos dun material que permite o seu uso despois de varios lavados

A pesar de ser unha iniciativa de Ahituvi, dende a Asociación e o Concello invitan ao resto de locais a sumarse a esta campaña. Para elo terán que pedir os vasos na concellería de promoción económica.