Ravella creará catro prazas de estacionamento máis para discapacitados

    VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía conta cunha praza de estacionamento para discapacitados para cada tres usuarios deste tipo de aparcamentos. Unha situación que se acrecenta coa chegada de turistas a vila. Dende o consistorio afirman que se aumentarán unhas catro prazas máis, aínda que segundo o edil Juan Antonio Pérez Callón, o número de prazas correspondese co permitido segundo o número de habitantes. A capital arousá conta con 130 estacionamentos como este que está a ver… trátase dunha praza de proporcións maiores do normal e situada nun lugar estratéxico da vila para facilitar as persoas con discapacidades a mobilidade pola vila. A pesar disto os cidadáns con diversidade funcional, con tarxeta homologada en Vilagarcía, son uns 360. O edil de Seguridade Cidadá de Vilagarcía, afirmaba a cámara desta casa, que o número de estas prazas se atopan dentro do establecido pola ley. A pesar de este apunte, Pérez Callón tamén recoñeceu que son prazas que están dispoñibles para todos aquelas persoas discapacitadas que se acheguen a vila, e recordou que o uso das mesmas non supón que un cidadán poida ocupala durante un período largo de tempo. Unha escaseza para que dende Ravella anuncian a creación na zona TIR dunhas novas 4 prazas deste tipo. Na rúa o incremento deste tipo de emprazamentos consegue a unanimidade das opinións. Aínda así hai de quen aproveita para expoñer unha demanda histórica dos cidadáns; máis prazas de aparcamento de carácter xeral. Dende o concello de Vilagarcía apelan a responsabilidade dos cidadáns e recordan que o uso de este tipo de estacionamentos destinadas a persoas con mobilidade reducida por outros condutores que non teñan a tarxeta homologada está tipificado e será sancionable. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/10/movilidade_discapacitados_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/10/movilidade_discapacitados_vilagarcia.mp4{/flowplayer}