O Salnés, locomotora do turismo no norte de España roldando o millón de pernoitas de xuño a setembro

O SALNÉS> Entre os meses de xuño e setembro a comarca do Salnés recibiu  máis  950.000 turistas, un 5% máis que o ano pasado. Tamén aumenta en comparación con 2022 o número total de visitantes na comarca, cun acumulado que se aproxima aos 5.200.000 persoas. Son datos que se extraen do informe sobre o turismo na comarca, que confirman ao Salnés como un dos principais motores turísticos do norte de España.

Os datos sobre o sector turístico no Salnés non paran de medrar. Aumenta a oferta, cuns 700 establecementos máis -superando xa os 4800-, o que se traduce tamén nun incremento de prazas, superando as 53.000. Tamén aumenta a demanda. Segundo un informe da Mancomunidade elaborado con big data, entre os meses de xuño e setembro pernoctaron na comarca do Salnés máis de 951.000 turistas únicos.

O turismo de proximidade continúa á cabeza, cun peso importante para as persoas que veñen do resto da provincia, así como da da Coruña.

Salienta tamén o peso de Madrid, mentres que no mercado internacional, Portugal segue a despuntar con moita diferencia sobre o segundo que, nesta ocasión pasa a ser Francia por riba de Alemaña.

O informe desvela tamén outro dato importente. Entre xuño e setembro rexistrouse un acumulado de visitantes na comarca de 5.190.000 persoas, máis dun 7,5% máis en comparación con 2022. O acumulado de visitas supera os 14 millóns, un 21% máis. Os bos datos espállanse polos nove concellos da bisbarra, con Sanxenxo e O Grove á cabeza. Lógrase, ademais que aquel que nos visita se mova entre municipios.

A presidenta da Mancomunidade celebra os datos e anima aos nove concellos a seguir traballando. E aproveita Marta Giráldez para reivindicar melloras que axuden a impulsa-lo turismo, entre elas, a necesidade de implantar un modelo de transporte intercomarcal eficiente. Tamén animou aos nove concellos a non caer en erros do pasado e seguir camiñando unidos porque -engadiu- este é o resultado do traballo conxunto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí