![]()
VILAGARCIA> A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, a AJE, presentou esta mañá, na sede da Cámara de Comercio de Vilagarcía,…
{flowplayer}images/salnes/premio_xoven_empresario.flv{/flowplayer}
… a décimo quinta edición dos premios xoves empresario do ano. A este recoñecemento, dotado este ano con 4.000 euros de premio, poderán optar aquelas empresas afincadas nesta provincia, alomenos neste último ano, que promovan a xeración de emprego especialmente entre a xente nova.
Con esta iniciativa, a AJE pretende un ano máis fomentar o crecemento da cultura emprendedora entre a xente moza.
A gala de entrega deste premio, e dos outros dous accesits, xunto cun galardón á mellor traxectoria empresarial, terá lugar no transcurso dunha cea a celebrar durante o vindeiro venres día 22 en outubro, no liceo casino de Pontevedra.
Os interesados en presentar a súa candidatura teñen máis información na páxina web www.premioaje.com. O prazo para presentarse remata o 15 de outubro.
Redacción Salnés








