A FEB estuda cambiar o formato de competición

CAMBADOS> Mentres o Xuven está inmerso nunha fase de ascenso, neste caso, unha eliminatoria a cara ou cruz ante o Basket Pla que vivirá o partido de ida en terras baleares o vindeiro sábado, a nova está noutro lado, na Federación, que estudia cambiar o formato das ligas. O actual, sería substituído por un máis semellante ó que rexe no futbol.

Cando do que se debería estar falando é do encontro que este sábado afronta o Xuven ante o Opentach Basket Pla, a vista está posta agora no que faga ou deixe de facer a Federación Española de Baloncesto o vindeiro ano.

O feito é que a FEB fixo chegar ós clubes un proxecto de reestructuración das súas competicións. Está en período de estudio pero podería entrar en vigor para a vindeira temporada. Esta restructuración non afectaría á Leb Ouro pero sí á Prata, que pasaría a estar formada por tres grupos de 14 equipos cada un, divididos por proximidade xeográfica. A liga EBA eliminaríase e crearíase unha Adecco Bronce, organizada polas federacións autonómicas. O novo esquema parececíase máis ó que actualmente rexe no futbol. ACB, Leb Ouro, a Prata sería coma a 2ªB e a Bronce como a Terceira.

O certo é que así, as posibilidades do Xuven de estar o vindeiro ano en LEB Prata son moito maiores. A expensas de acadar o ascenso nas canchas, sí que podería ser convidado pola federación a participar nesta nova categoría, a terceira a nivel nacional. A parte positiva é polo tanto que o conxunto cambadés podería dar o salto de categoría e que ademais a federación reduciría o canon e demais costes. Pola contra, os gastos en desprazamentos aumetarían considerablemente e a exixencia económica do plantel tamén, ó ter que semiprofesionalizar ó equipo.

Os vindeiros días presúmense movidos na Federación. Á espera quedarase o Xuven, primeiro tentando facer o seu traballo na cancha e logo nos despachos, analizando se é viable un proxecto do club na Leb Prata, sexa cal sexa o seu formato final.

Redacción Salnés