RIBEIRA> As novas instalacións do Club de Remo Nautico de Ribeira, que se prevé construir en Aguiño e cuxo proxecto foi presentado esta mañá no Concello, poderían estar xa operativas o vindeiro verán. Ou esa é a intención do executivo que xa axilizou os trámites con Portos, que deberá dar a súa autorización, xa que se construirá en terreo portuario, a carón da lonxa.
Un edificio de tres plantas, de 1.500 metros cadrados de superficie, que estará situado na explanada portuaria de Aguiño, a carón da lonxa. Esta son algunas das características das que serán as futuras instalacións do Club de Remo Nautico de Ribeira, cuxo proxecto foi presentado esta mañá no salón de plenos da casa consistorial. A actuación, que rondará os 500 mil euros de orzamento, concentrará nun mesmo espazo tódalas necesidades do club: nave para embarcacións, ximnasio, vestiarios, oficinas e unha sala polivalente, así como tamén un foso.
A nova instalación deportiva virá a dar resposta á demanda do Club, xa que na actualidade non dispón dun espazo axeitado para poder poder desenvolver a súa actividade.