Caritas de Ribeira está desbordada polas peticións de axudas

    caritasribeira_100_22102009.jpgRIBEIRA> A actual crise económica incrementou en máis dun cento dez por cento as solicitudes de apoio as familias do municipio.

    As cifras reflicten o drama da crise en moitos fogares ribeireses. Segundo datos de Cáritas deste municipio, dende 2008 pasaron de atender unha media de corenta familias a prestar algún tipo de axuda a trecentas vinte e nove. A situación obrigounos mesmo a incrementar o seu ámbito de influencia, centrado no casco urbano de Ribeira, chegando ata as parroquias do municipio.

    {flowplayer}/barbanza/caritasribeira.flv{/flowplayer}

    Reducción de ingresos

    Paralamente, a este aumento de solicitudes a entidade veu minguados os seus ingresos en máis dun trinta por cento en relación ao outros anos. A crise, explican dende Cáritas, mudou o perfil do necesitado pasando de ser os colectivos en risco de exclusión social como anciáns, drogodepentes, inmigrantes ou parados de longa duración á familias mozas con fillos pequenos, con graves problemas económicos pola falta de emprego. Neste caso, ademáis da axuda económica tamén é preciso un apoio emocional e psicolóxico, xa que á moitos deles lles costa asumir a actual situación. 

    Esforzo colectivo

    Ademáis do reparto de axudas, Cáritas de Ribeira xestiona un banco de alimentos e outro de roupa usada. Dende este colectivo apelan a conciencia de todos e solicitan un esforzo por parte de colaboradores e socios.

    Asemade, agradecen o apoio da Conferencia Episcopal e da Fundación Pedro Barrie da Maza que aportaron unha achega de dezasete mil euros, que o colectivo empregou na compra de alimentos, pago de alugueres ou axudas para material escolar. Aínda así os gastos totais para atender a estas novas demandas neste ano ascenderon a máis de vinte e un mil euros.

    Redacción Barbanza