Alerta laranxa na costa por forte vento e mar de fondo

    tempora_100.jpgSALNÉS/BARBANZA> A partir do mediodía de mañá prevese que o temporal entre nas costas das provincias da Coruña e Pontevedra. Rematará á media noite.

    Logo dunha xornada de transición, a dirección xeral de emerxencias da consellería de presidencia decretou a alerta laranxa no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Prevese que nestas zonas os refachos de vento cheguen a acadar forza 7, con forte marexada e mar de fondo do noroeste que deixará ondas de ata catro metros de altura. O temporal entrará arredor das cinco da madrugada polo norte da provincia de Lugo e agárdase que mañá a mediodía estea xa chegando ó litoral da Coruña e Pontevedra. Tamén nestas provincias se acenderá a alerta amarela por chuvia, especialmente pola tarde. Desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía informan de que este fenómeno meteorolóxico adverso rematará en torno á media norte de mañá.

    Redacción Salnés