Vilanova enche un baleiro da historia de Cálago cuns ósos da época sueva

VILANOVA> Vilanova segue afondando no coñecemento da súa historia a través do xacemento de Cálago. O achado de ósos humanos na última intervención que realizaron na zona permite botar algo de luz sobre un período do que non se tiña moita información. Segundo a proba do Carbono14, os restos datan de finais do século quinto ou do sexto, o que indica que xa naquel momento había un asentamento humano na contorna. O concello xa prepara unha nova interveción cara o verán do 2021.

Xa sabemos a época na que viviu o vilanovés máis antigo do que temos coñecemento. Os restos óseos de Ventura, como foi bautizado o esqueleto, viaxaron dende Cálago ata Miami. Alí foron sometidos á proba do carbono14, que lles calculou uns 1600 anos de antigüidade.

Os restos apareceron na zona sur do xacemento, nun espazo no que non había información sobre unha posible ocupación. Non se puido determinar o sexo do individuo, pero si que superou os 50 anos de idade e que padecía diversas enfermidades relacionadas cos ósos. Todo apunta a que foi soterrado seguindo o rito cristián.

Un novo indicio que podería apuntar a ubicación do antigo mosteiro de Cálago, que foi arrasado polos normandos.

A intención do goberno local de seguir afondando no xacemento de Cálago é clara. De feito, xa están a facer os preparativos para organizar unha nova intervención no verán do 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí