SANXENXO> Cifras récord de visitantes en Sanxenxo durante a Semana Santa. A ocupación hoteleira superou o 80% pero os indicadores do concello sinalan que o consumo na vila superou os datos de 2019. Esta avalancha de visitantes estendeuse por toda a comarca do Salnés.
A Semana Santa deixou un datos de turismo récords en toda a comarca da Salnés. A mellora da situación sanitaria e o bo tempo invitaron a moitas persoas a aproveitar as vacacións para desprazarse. E sempre que se fala de turismo, o concello máis escollido é o de Sanenxo.
As cifras foron un éxito para os hoteis, pero dende o concello de Sanxenxo sinalan que foi unha Semana Santa de récord, xa que os índices de consumo da vila así como a recadación do aparcadoiro do porto deportivo superaron os datos do 2019.
A Semana Santa marca o inicio da campaña para o sector turísticos. As previsións dos hoteleiros de cara ao verán é moi optimista.
As boas cifras de turistas non só se deron en Sanxenxo, en Meis a alcaldesa sinalaba a gran afluencia de visitantes na semana santa de Paradela e dende outros concellos como Vilanova, o Grove ou Vilagarcía tamén apuntaban a alta visita de turistas. Un datos que reflexan a demanda do Salnés como destino turístico.
Dende o concello de Sanxenxo tamén sinalan que estas cifras reflexan que Sanxenxo é máis que sol e praia e invitan aos turistas a achegarse á vila para gozar de toda a oferta do municipio.