![]()
MEIS> A Romaría da Virxe das Cabezas é desde tempos inmemoriais unha das máis visitadas polo veciños das Rías Baixas.
{flowplayer}images/salnes/romaria_cabezas_2013.flv{/flowplayer}
A súa fama de milagreira fai que ano tras ano a devoción por esta Santa no decaía entre os fregueses que a pé, a cabalo, en automóbil ou en autobús fan por achegarse ata o Mosteiro de Armenteira a pedirlle a Virxe a súa intercesión, sobre todo nos asuntos relacionados ca cabeza, cas súas dores ou ca memoria.
Entre os fieis encontrámonos moitísimos que viñan ofrecidos. Aseguran que a Virxe, si se ven con fe cumpre, de aí que ano tras ano non descenda o número de fieis malia o mal tempo.
E entre as principais ofrendas encontramos as velas en forma de cabeza, aínda que cada día máis hai quen aproveita para pedirlle á Santa que avogue por cadaquén en tódolos asuntos da vida.
Máis aló dos actos relixiosos, a romaría continuou o longo de toda a xornada co tradicional xantar campestre e pola noite, nesta a nas sucesivas, con verbena.
Redacción Salnés










