![]()
OUTES> O condutor non realizou o stop e colisionou contra outro turismo batendo finalmente contra a casa consistorial, que se atopa en remodelación.
As primeiras hipóteses apuntan a unha posible indisposición ou esvaecemento do mozo que, tralo chocque se atopaba moi confuso.
{flowplayer}barbanza/accidentesoutes.flv{/flowplayer}
O impacto tan só provocou danos no peche da obra aínda que o vehículo a piques estivo de alcanzar o andamio onde se atopaban varios traballadores polo que o resultado podería ter sido moi peor.
A rápida actuación da policía que procedeu á retirada inmediata do coche mediante un gindastre permitiu que os obreiros seguiran a traballar con normalidade.
Redacción Barbanza










