CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés segue buscando incrementar os seus reclamos turísticos. Desta volta, teñen a vista posta no paso dos vikingos pola comarca. O órgano ven de apoiar a edición do libro “Os vikingos na comarca do Salnés”, de Rubén Terré, que fai un percorrido polos catro séculos que este pobo estivo na nosa zona.
Que os vikingos estiveron na comarca do Salnés durante catro séculos non é algo que coñeza todo o mundo. Por iso, para botar luz sobre este período, a Mancomunidade ven de apoiar a edición do libro “Os vikingos na comarca do Salnés”.
A obra repasa as invasións, o comercio ou os asentamentos que o pobo do norte creou na zona, deixando restos que se conservan en A Lanzada, San Sadurniño, Cálago, Catoira ou a illa de Cortegada. A intención da Mancomunidade é crear unha nova ruta turística que permita coñecelas.
A publicación incorpora tecnoloxía de realidade aumentada, o que permite descargar vídeos e a contidos a través dunha aplicación no teléfono móbil. Da tirada de máis de mil exemplares, 500 repartiranse entre os concellos para que á súa vez os entreguen en colexios e bibliotecas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/06/libro_vikingos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/06/libro_vikingos.mp4{/flowplayer}