Escasas capturas no primeiro día da campaña de libre marisqueo en Cabío

    libremarisqueocabio.jpgPOBRA> Os mariscadores que esta mañá saíron a traballar volveron pouco satisfeitos das capturas, e as expectativas para os vindeiros días son peores.

    {flowplayer}barbanza/libremarisqueocabio.flv{/flowplayer}

    Durante toda a mañá, dende as oito ata as dúas da tarde, horario establecido pola Xunta para a realización da actividade extractiva, estiveron traballando os mariscadores de distintos pósitos da ría de Arousa no banco de libre marisqueo de Cabío para acada-los topes e os resultados non foron nada bos. Neste primeiro día de apertura as capturas foron escasas, aínda que o marisco recollido era dun tamaño máis que aceptable. O peor de todo é que as expectativas de cara ós vindeiros días para os produtores que traballan en Cabío non son nada prometedoras.

    A maioría dos mariscadores que faenaron nesta zona levaron as súas capturas para os seus portos de procedencia onde o venderon. Na rula probresa a ameixa babosa pagouse entre os dez e os quince euros. A ameixa roxa subhastouse a un prezo de 3’80 euros e a ameixa fina cotizouse a catorce.

    Cambio no modelo de xestión

    Os malos resultados deste primeiro día fan de novo pensar nun cambio no actual modelo de xestión dos bancos de libre marisqueo. Un cambio que o patrón maior pobrés agarda que se leve a cabo o máis axiña posible de cara a mellora-la situación dos profesionais que traballan neles.

    Redacción Barbanza