![]()
VILAGARCÍA> Pais e nais da asociación Atril reclaman ó concello reformas para que poidan desfrutar dun edificio digno.
{flowplayer}images/salnes/RECOLLIDA_FIRMAS_ATRIL.flv{/flowplayer}
Un edificio digno para desenvolver a actividade da escola de música é a petición fundamental da asociación Atril. Segundo os pais e nais, o tellado, a instalación eléctrica, as fiestras, os servizos e as saídas de emerxencia, non cumpren coas condicións mínimas de seguridade. Dende o luns, Atril comezou unha campaña de recollida de sinaturas para recoller o máximo apoio e facer presión ante o concello para conseguir as obras de mellora nas instalacións.
As protestas iniciáronse a principios de setembro, pero o acordo co concello parece estar lonxe. Antes de que comezase o curso, o goberno local cancelou o orzamento de 100 mil euros destinado á Escola. Agora, cun orzamento de 20 mil euros, o concello comezou algunhas obras de mellora, como a compra de paneis de insonorización e traballos no tellado.
Durante os tres días que levan coa campaña, a asociación conseguiu reunir ó redor do centenar de sinaturas. Unha cifra que esperan aumente co tempo e coa maior información coa que van dispoñendo os pais. Dende a asociación calculan que continuarán coa iniciativa unhas dúas semanas máis para que todos os que o desexen poidan participar.
Redacción Salnés









