O Concello do Grove defende a súa xestión na construción do novo auditorio da vila

O GROVE> O concello do Grove defende a súa xestión na construción do novo auditorio da vila. Ante as críticas da oposición, o alcalde sinala que o proxecto conta coa valoración positiva dos técnicos da deputación e que o prezo final só é un 3% maior ao agardado, situándose nos 4,7 millóns de euros. O auditorio rematarase o vindeiro 28 de marzo e estará totalmente equipado para comezar co seu uso.

O concello do Grove saíu a paso para defender a súa xestión no proxecto de construción do novo auditorio e escola de música da vila. Ante as acusacións de esquerda unida, o alcalde sinala que non existen irregularidades na execución da obra.

Cacabelos tamén sinalan que a oposición minte cando eleva o custo do proxecto ata os 6 ou os 7 millóns de euros, xa que o investimento será de 4,7 millóns de euros, un 3% máis do previsto.

A pesar do retraso de máis dun ano na execución da obra, dende o concello sinalan que o auditorio estará rematado o vindeiro 28 de marzo e completamente dotado.

O concello xa traballa na xestión do auditorio para crear unha programación cultural para dar un uso continuo ao novo espazo durante todo ano. Ademais tamén se estuda a posibilidade de solicitar que a escola de música se converta nun conservatorio.