![]()
VILAGARCIA> A nova da ampliación do Hospital Comarcal do Salnés foi acollida de bo grao por alcaldes da contorna como o vilagarcián Tomás Fole…
{flowplayer}images/salnes/consello_ampliacion_hospital_salnes.flv{/flowplayer}
… ou o Alcalde de Vilanova e Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán. A licitación das obras terá lugar no mes de novembro neste centro hospitalario, logo que se publique o vindeiro mes o expediente de licitación e que en setembro se coñezan as ofertas das constructoras.
Moito antes do comezo das obras, probablemente xa a partires da vindeira semana tódolos terreos precisos serán postos á disposición da Xunta de Galicia por parte da Mancomunidade do Salnés, que só están pendentes dun trámite notarial. O que si non quixo pronunciarse o Presidente da Mancomunidade foi sobre a idoneidade de que os cartos procedan dunha medida tan impopular como é a do copago farmacéutico. Reservouse o seu dereito de opinión por carecer el de capacidade de decisión en materia de sanidade.
Aproveitamos a nosa entrevista de hoxe co Presidente da Mancomunidade para preguntarlle sobre a noticia que estouraba onte de que o Goberno Central pretendía suprimir tódalas mancomunidades do País, pasando as súas competencias a máns das Deputacións.
Unha medida que Gonzalo Durán recibe con reservas á espera de que se concreto nun decreto lei. Con todo adianta que pensa que esta non vai a ser unha medida efectiva de aforro, posto que as Mancomunidades autofináncianse e as Deputacións nútrense do herario público.
Redacción Salnés










