Os veciños de Rubiáns paralizarán as obras da praza do Souto

    obras_rubians copia.jpgVILAGARCÍA> O colectivo tomou a decisión logo de manter unha xuntanza coa alcaldesa. Dolores García prometeu consultar as súas demandas cos técnicos.

    {flowplayer}images/salnes/RUBIANS_ALCALDESA.flv{/flowplayer}

    Ás doce da mañá preto de corenta veciños de Rubiáns reuníanse diante do concello de Vilagarcía para intentar que a alcaldesa os recibira no seu despacho. A decisión tomárona onte á noite nunha xuntanza extraordinaria da Asociación Veciñal. Dolores García recibiunos, pero non a todos, unha decisión que xa levantou suspicacias entre o colectivo.

    Na reunión, o presidente da Asociación de Veciños, Xurxo Abuín, insistiu en solicitar á alcaldesa que se reformulen as obras que se están a realizar no campo da festa e sigan o proxecto presentado polos veciños e acordado, sosteñen, co edil de xestión do territorio. Dolores García comprometeuse a falar de novo cos técnicos e darlles unha resposta. A asociación concederalles este tempo, pero antes paralizarán a obra.

    Os trámites deben axilizarse, cando menos a primeira fase das obras. Se non está rematada a 15 de novembro, o concello perderá a subvención para custear os traballos.

    Redacción Salnés