Un ciclista resulta ferido de gravidade tras ser atropelado

    atropelo_cambados copia.jpgCAMBADOS> O accidente tivo lugar na rúa Ribeira de Fefiñáns. Ó parecer a vítima invadiu a vía e ó condutor non lle deu tempo a esquivalo.

    {flowplayer}images/salnes/ATROPELO_CAMBADOS1.flv{/flowplayer}

    O sinistro tivo lugar ó redor das oito da mañá. Unha furgoneta e un ciclista circulaban na mesma dirección pola rúa de Ribeira de Fefiñáns, en Cambados, á altura do número dezaoito en dirección á zona do Pombal. Segundo informaron desde a Policía Local o ciclista invadiu a vía para esquivar un charco de auga e o vehículo, unha peugeot Partner pertencente a outro cambadés, e que se dirixía ó Porto de Tragove, atropelouno porque, segundo fontes policiais, non lle deu tempo a reaccionar.

    Como consecuencia do accidente o peón foi trasladado pola ambulancia de Protección Civil ó Hospital do Salnés con feridas de aparente gravidade. De seguido levárono ó Hospital de Montecelo no que permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos con traumatismo cranoencefálico e abdominal. O seu estado é grave.

    Redacción Salnés