Zona Aberta recoñece o ‘atranco’ da sentenza do TSXG, pero mantén a loita contra Megasa

    VILAGARCÍA> Zona Aberta xa ten a sentenza que desestima o seu recurso contra o estudio de detalle sobre os terreos de Megasa. Rocío Louzán explicou que recibiron esta mañá a notificación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que supón un novo atranco na súa loita contra a instalación dun centro comercial. Así as cousas, a presidenta asegura que están a estudar outras alternativas xunto ao concello.

    A loita de Zona Aberta contra a instalación dun centro comercial na antiga finca de Megasa sofre un novo atranco. A asociación recibiu hoxe a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestima o seu recurso contra o estudo de detalle.

    Segundo explicou Louzán, contra esta decisión non cabe recurso. Aínda así xa anunciou que, xunto co concello, continúan a estudar outras medidas.

    Rocío Louzán tampouco ocultou o seu enfado co exalcalde de Vilagarcía. Tomás Fole valoraba onte nun medio de comunicación a sentenza do tribunal, asegurando que demostra a boa xestión do seu goberno sobre Megasa.

    Fole tamén criticou ao actual alcalde por asegurar en campaña que había alternativas para frear a construción do centro comercial.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/09/zona_aberta_megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/09/zona_aberta_megasa.mp4{/flowplayer}