O goberno de Fole saca da UCI as contas do Concello

     VILAGARCÍA> A situación económica do Concello de Vilagarcía acaba de saír da UCI e xa está en planta. Con este símil médico, o alcalde Tomás Fole, resumiu a liquidación das contas municipais de 2012.

    {flowplayer}images/salnes/LIQUIDACION_ 2012_VILLA.flv{/flowplayer}
     
    O rexedor e o edil de Facenda explicaron que o exercicio 2012 se pechou cun nivel de endebedamento dun 85 por cento, un 15 por cento menos con respecto ó ano anterior, e cun remanente líquido de tesourería de 1,6 millóns de euros.
     
    Nestes datos influíu a contención de gasto corrente que permitiu un aforro neto dun millón e medio de euros, e, sobre todo, o préstamo de case 5 millóns do Plan Montoro para pagar as débedas cos provedores.
     
    Pese a estar contentos con estes datos, o goberno local quere ser cauto e lembra que manteñen vixente o plan de axuste. O goberno local dará conta da liquidación de 2012 no pleno deste luns.
     
    Redacción Salnés