
Foi un susto que non tivo consecuencias dramáticas para os tres tripulantes da embarcación Güeto Regos que onte a noite traballaban na zona de A Lixeira, en Punta Arnela, moi preto de Porto do Son.
{flowplayer}barbanza/afundimentobarco.flv{/flowplayer}
Ó redor da medianoite, un dos aparellos enguedellouse na helice, deixando o barco á deriva. Os fortes refachos de ventos empurraron a embarcación contra as rochas, onde quedou encaixada. Os tres tripulantes, que sairon ilesos do percance, pudieron ser rescatados por outro barco que faneaba canda eles na mesma zona.
Dende a confraría de Portosín lamentan que a actual situación de crise obrigue os mariñeiros a mesmo chegar a arriscar a súa propia vida para poder traballar.
A embarcación afundida, de dez metros de eslora, estaba destinada a captura de nécora e camarón. O vicepatrón sonense sinalou que era unha mágoa que tres familias do municipio se queden sen o seu medio de vida.
Redacción Barbanza