Noia Histórica homenaxea o traballo de Luis Veiras Manteiga

NOIA> Dentro da programación de Rúas Vivas, hoxe a asociación Noia Histórica xunto co concello da vila, presentaron unha exposición do traballo que realizou o autor Luis Veiras Manteiga de forma desinteresada. Trátase dunha colección de vintecatro carteis que deseñou Beiras tanto para as actividades como Rúas Vivas, Festas de Noia ou os Sancosmeiros. Dende hoxe a mostra dos carteis xa é unha realidade. Situados nos escaparates de comercios colaboradores como Moncho Moda ou Rosita Moda, permanecerán expostos ata o vindeiro vintecatro de agosto. Ademáis, dende o concello tamén quixeron agradecer o traballo do pintor noiés, e recordaron que moitas das actividades realizadas non serían posibles sen a participación altruista dos veciños. Con esta exposición tanto Noia Histórica como o concello homenaxean a labor cultural que Luis Veiras Manteiga desempeña dende fai moitos anos pola súa vila.