Difícil situación para os empregados da planta de compostaxe de Servia

debedaplantacompostaxe.jpgTAMBRE> A débeda dos concellos que integran a Mancomunidade Serra do Barbanza á empresa ascende a preto dos tres millóns de euros.

{flowplayer}barbanza/debedaplantacompostaxe.flv{/flowplayer}

A débeda total ascende a 2.700.000 euros, dos que a maior parte, máis de 1.700.000 correspóndelle ó concello de Ames. O resto da contía repártese entre os concellos de Carnota, que debe 633.000 euros, Noia con 465 mil, Lousame con 204 mil, Rois que adebeda 146 mil euros así como Muros e Pontecesures, con facturas pendentes por importe de 42 mil e 29 mil respectivamente. A empresa encargada da xestión da planta de Servia, Fomento de Construccións e Contratas, xa advertiu do seu incerto futuro se a débeda acumulada non se reduce. A situación é especialmente complicada para os cento cincuenta empregados que ven perigar o seu posto de traballo. Esta mesma mañá, o comité de empresa celebrou unha asemblea para decidir as actuacións inmediatas. Ademais da cuestión económica, os representantes dos traballadores cren que tras esta problemática subxacen outros problemas de fondo como o incumprimento do acordo asumido no seu día por Ecoembes.

Aluden tamén como posible cuestión de fondo ó conflito que dende hai anos manteñen a empresa e mancomunidade sobre quen debe asumir os custos do traslado do depósito de explosivos situado nas inmediacións da planta.

Reunión urxente

Polo momento, os representantes dos traballadores xa solicitaron unha reunión cos concellos para instalos a cumprir os seus compromisos económicos coa empresa. Tampouco descartan outras medidas de presión entre as que figura unha marcha dos traballadores a pé, dende a planta de Servia ata Compostela.

Redacción Barbanza