Unha muller embarazada bate o seu coche contra un camión aparcado

    accidente_camion copia100.jpgVILANOVA> A muller sufriu un mareo e perdeu o control do automóbil. Foi trasladada, consciente, ó Hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_BAION.flv{/flowplayer}

    A muller circulaba en dirección Vilagarcía cando perdeu o control do vehículo. Dende os servizos de emerxencia que se achegaron ata o lugar do sinistro, descartan o exceso de velocidade ou calquera imprudencia como causa do suceso. Un mareo parece ser o responsable.

    O camión estaba estacionado a un lado da estrada, algo que segundo os servizos de emerxencia minimizou o impacto e o resultado do accidente. Ata o lugar dos feitos desprazáronse dotacións da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Vilanova, e unha ambulancia, que trasladou a muller, totalmente consciente, ó Hospital do Salnés para evitar complicacións no seu embarazo.

    O chofer do camión non se atopaba no seu interior no momento da colisión. A Garda Civil procedeu a multalo xa que, a pesares de que non xogou ningún papel no accidente, estaba estacionado de xeito incorrecto, ocupando unha pequena parte do carril.

    Redacción Salnés