“Catrina e dona Francisca” inaugurarán a XIX edición do Salón

Pontevedra> Mañá ás 18:00 da tarde terá lugar a inauguración oficial da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil en Pontevedra. Unha cita que dará o seu pistoletazo de saída co concerto de Katrina e Dona Francisca a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Un evento que contará coa narración de Paula Carballeira, a composición de Mario Diz a dirección de Juan Miguel Romero Llopis.

A inauguración do Salón chegará cun concerto de Catrina e dona Frascisca. Unha cita protagonizada pola Orsquetra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Un espectáculo de música e contos que xira arredor das catrinas, iconas da cultura do país convidado, de México. Ademais de coa orquestra o concerto contará coa presenza da escritora e narradora Paula Carballeira que acompañará a música composta polo pontevedrés Mario Diz e o director convidado será Juan Miguel Romero Llopis.

O de levar a composición á cultura mexicana non foi unha tarefa fácil pero sí moi enriquecedora.

Unha cita que terá unha duración de 40 minutos, tomen nota e lembren, mañá venres 6 de abril ás 18:00 da tarde no Pazo da Cultura, a entrada será libre ata completar o aforo.