POIO> Poio lanza ‘Descubre o teu interior’. Trátase dun completo programa cultural para os meses de verán, que inclúe concertos, cine ao aire libre ou andainas. Tamén conta cunha biblioteca itinerante con literatura infantil que percorrerá as distintas parroquias durante este verán. As actividades prolongaranse ata finais do mes de agosto.
Concertos, cine ao aire libre, andainas para descubrir o patrimonio local e obradoiros son algunhas das iniciativas que forman parte ‘Descubre o teu interior’. Trátase dun completo programa cultural co que o Concello de Poio quere encher de propostas os distintos espazos do municipio, dando apoio tamén ao tecido cultural.
Os grupos locais estarán á cabeza do programa Soan Daquí, que comezan o vindeiro venres coa actuación da Escola de Música de Acordeóns en Campelo. Ademais dese ciclo, a música tamén será protagonista grazas a Pola Banda, con distintas actuacións. Hai tamén previstas proxeccións de películas e O Festivaliño, de curtas infantís. Ademais, prepararon tamén distintos roteiros, adaptados á rapazada. Outra das grandes apostas é esta bibliotece itinerante que circulará polas distintas parroquias do concello.
A programación vaise prolongar ata finais de agosto.