A Xunta aposta polo Noia Harp Fest dentro da programación do Xacobeo

NOIA> A igrexa de Santa María A Nova de Noia acollía esta mañá a presentación oficial do Noia Harp Fest.

A cita musical, que chega este ano á súa novena edición, desenvolverase esta mesma semana do 3 ó 7 de agosto.

Virá cargada de importantes novidades. Ademais de aumentar os días de celebración e o número de artistas convidados, a organización optou tamén por dencentralizar en mais espazos os lugares dos concertos.

Outra das novidades é que por primeira vez contará coa implicación da Xunta de Galicia a través do Xacobeo, o que lle dá un valor engadido ó festival.

Como en edicións anteriores, o festival contará tamén con actividades paralelas entre as que destacan un obradoiro de construción de arpas, a reunión das escolas de arpas de Galicia, a foliada de benvida ou o concurso internacional de composición para arpa e orquestra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí