Á gardería con pixama, zapatillas e almofada

    FESTA_PIXAMA copia.jpgSANXENXO> Os 66 alumnos e alumnas da Escola Infantil Municipal O Tombo celebran a festa do pixama.

    {flowplayer}images/salnes/festa_pixama.flv{/flowplayer}

    A festa do pixama de O Tombo dou para moito. Alumnos, alumnas, monitores e monitoras asistiron en pixama á escola e os xogos do día, xiraron en torno a esta prenda de uso diario. Mentres uns facían de almofadas… outros durmían en improvisadas camiñas ou mecíanse en randeeiras feitas con sabas… Houbo, ata carreiras de almofadas.

    A festa do pixama, está incluída no ciclo de actividades da Escola municipal de Sanxenxo. A totalidade do alumnado da escola participou deste día dedicado ao pixama. Para os cativos e cativas é fundamental o fomento do relax e a imaxinación, que proporciona a actividade.

    Redacción Salnés