Suspendido o xuízo contra Vitriño por un suposto caso de branqueo

    vitrino_copia100.jpgPONTEVEDRA> Segundo a defensa, o caso estaría construído sobre probas dunha acusación anterior, anuladas polo Tribunal Supremo.

    {flowplayer}images/salnes/XUIZO_VITRINO.flv{/flowplayer}

    Seis anos de prisión é a pena solicitada polo fiscal para Vitriño, por un suposto delito de branqueo de capital procedente do narcotráfico. Segundo a acusación, o mozo de 28 anos natural de Vilanova de Arousa, ideou que outros membros da súa familia aparecesen como titulares dunha serie de bens e inmobles da súa propiedade, supostamente pagados con cartos procedentes do narcotráfico.

    A defensa solicitou a nulidade do xuízo, previsto para hoxe na Audiencia Provincial de Pontevedra. A avogada asegurou que o caso de branqueo apoiábase nas probas dun proceso anterior, no que Vitriño fora condenado pola Audiencia Provincial pontevedresa a unha pena de 10 anos de prisión pola venda de preto de 9 kilos de cocaína. A sentenza fora finalmente anulada polo Tribunal Supremo.

    O xuíz decidiu suspender a vista de hoxe para valorar a petición da avogada. A pesares de que os seis acusados declaránronse inocentes, o fiscal mantén que a familia era consciente do delito, polo que solicita cinco anos de prisión para seu pai, catro para a nai e para unha das irmás, tres anos e medio para a outra e tres anos de cadea para un amigo de Vitriño.

    Redacción Salnés