A ABE manterá comunicación directa cos seus socios vía sms

    proxectosmsabe_100_120607.jpgBOIRO > Na procura da mellora dos servizos que diariamente presta ós seus asociados, a ABE vén de poñer en marcha un novidoso servizo de información.

    O que a ABE pretende a través desta iniciativa non é máis que ter en todo momento informados ós seus socios sobre cursos, charlas, reunións ou demais actividades que se realicen dende a propia entidade.

    Aproveitando as novas tecnoloxías e grazas a este novidoso servizo a través de sms a patronal boiresa manten informados en todo momento a tódolos seus socios de canta actividade se realiza dende a asociación. A intención non é outra que manter unha comunicación directa cos socios e que estes se involucren nos cursos de formación, nas charlas e demais actos organizados pola patronal local.

    Os propios socios ven con bos ollos esta iniciativa que vén de poñerse en marcha. Aínda así o proxecto acaba de botar a andar polo que hai moitos socios da ABE que non dispoñen deste servizo. Para poder participar nel non teñen máis que cubrir e asinar un impreso de participación e remitilo ás propias oficinas da ABE, pasando deste xeito a formar parte dunha base de datos que será empregada para este fin.

    Redacción Barbanza