O BNG de Ribeira pregunta pola paralización das obras dun dos aparcadoiros disuasorios de Avesadas

RIBEIRA> Os nacionalistas queren saber as razóns polas que dous anos despois do seu anuncio, o Concello segue sen poñelo en funcionamento, pagando igualmente o seu alugueiro.

Segundo o BNG o Concello decidiu alugar en xuño de 2018 esta parcela en Avesadas para convertelo nun segundo aparcadoiro disuasorio. Cunha superficie duns 3.400 metros cadrados daría cabida ó redor duns 150 coches. Daquela iniciouse unha actuación para acondicionala parcela e convertela nun parquing gratuíto, pero ó pouco as obras foron paralizadas.

Para o BNG a situación a día de hoxe é moi distinta da que se pretendía. A zona está a ser empregada coma depósito e vertedoiro de entullos.

Os nacionalistas seguen coa súa aposta por dotar a Ribeira de aparcadoiros gratuítos, pero estes deben cumprir unhas mínimas garantías, para que veciños e visitantes deixen os seus vehículos con maior seguridade.

Por outra banda dende o BNG seguen a insistir na necesidade de municipalizar o aparcadoiro do Centenario con tarifas reducidas e bonificacións, aumentando así as prazas de aparcamento en pleno centro da cidade e fomentando, de paso, as compras no comercio e o consumo na hostalería local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí