Nova unidade de detección do cancro de mama no Hospital do Salnés

    nova_unidade_cancro_mamacopy.jpgSALNÉS> A Secretaria Xeral da Consellería de Sanidade xunto á Xerente do Servizo Galego de Saúde visitaron as novas instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/PROGRAMA_DETECCION_CANCRO_MAMA.flv{/flowplayer}

    A carteira de servizos do Hospital do Salnés conta desde hoxe cunha nova prestación asistencial. Trátase dunha unidade de exploración fixa do programa Galego de Detección Precoz do cancro de Mama que desenvolve a Consellería de Sanidade.

    A secretaria xeral da Consellería de Sanidade xunto á xerente do Servizo galego de Saúde visitaron esta mañá estas instalacións. Segundo Sagrario Pérez este unidade supón unha mellora na calidade das prestacións que se lle ofrecen ás mulleres do Salnés.

    Un total de nove mil cen mulleres de entre cincuenta e sesenta e nove anos do Salnés vanse beneficiar deste novo servizo. Esta unidade súmase ás outras dez unidades fixas que existen en Galicia ás que se están a sumar outras sete nos hospitais comarcais co obxectivo de substituír gradualmente ás castro unidades móbiles empregadas ata o de agora.

    Ademais, a Consellería de Sanidade recolle un cambio tecnolóxico para substituír os mamógrafos analóxicos por outros dixitais para o que se destinou máis dun millón de euros.

    Redacción Salnés