![]()
VILAGARCÍA> Así o decidiu o Xulgado do Mercantil nº3 de Pontevedra. Dende CCOO cren que beneficiará á venda do Grupo.
{flowplayer}images/salnes/CCOO_POR_ALFAGEME.flv{/flowplayer}
O auto emitido onte polo xulgado do mercantil número 3 de Pontevedra, inhabilita a Juan Lago para decidir sobre a venda do Grupo Alfageme. Esta decisión, tomouse despois de que os Administradores xudiciais, da empresa, que se atopa en concurso de acreedores, solicitaran a súa inhabilitación. Deste xeito, son os propios administradores os que negociarán o futuro da empresa.
En canto á venda da fábrica de O Grove, a Conservas Consorcio Galego, Comisións Obreiras presentou unha serie de alegacións ante o xuíz do concurso, para esixir que os compradores garantan os postos de traballo.
O sindicato criticou duramente á Confederación Xeral de Traballo por opoñerse á segregación do grupo que, aseguran, acabaría beneficiando ás fábricas de Vilaxoán e Ribadumia.
O que lle queda preto a Alfageme é o fin da prolongación do Expediente de Regulación de Emprego. Remata o día 16 de novembro, e se non se busca unha solución suporía a extinción dos contratos. Fernando Ramos sinalou que existen varias empresas interesadas en Alfageme, e que dende CCOO están realizando labores de mediación coa Xunta e os acredores.
Dende Comisións Obreiras recordan que os cartos derivados da venda de O Grove e os terreos de Vigo, nunca irían a mans da familia Lago, senón para aminorar a débeda cos acreedores.
Redacción Salnés







