Dous mozos perseguidos no Grove tras marchar sen pagar nun bar

    RESTAURANTE_RUAMAR copy.jpg O GROVE> Ó parecer o fillo do propietario do restaurante Ruamar perseguiunos en moto ó non pagar o importe da comida que ascendía ós 70 euros.

    {flowplayer}images/salnes/ATROPELO_GROVE.flv{/flowplayer}
     
     Todo aconteceu ó redor das catro e media da tarde. Dous mozos, duns vinte anos anos, tras comer no restaurante Ruamar decidiron marchar a pé sen pagar o importe da comida que ascendía ós setenta euros. O fillo do propietario perseguiunos en moto e conseguiu alcanzar a un deles na praza do Corgo, ó carón da Confraría de Pescadores. Segundo unha testemuña do acontecido, o traballador do restaurante pediulle explicacións e que lle aboara a factura. Rematou golpeándoo.
     
    De seguido chegou a Policía Local e a Garda Civil. Estes últimos tamén lle rexistraron a mochila que levaba o rapaz. Operarios de Protección Civil foron os encargados de atendelo mozo que presuntamente foi agredido.
     
     Despois foi trasladado a Montecelo pero ó final só se tratou dunha pequena contusión. A propietaria do restaurante Mercantil asegura que non é habitual que se produzan este tipo de incidentes en O Grove, aínda que a ela xa llo fixeron en dúas ocasións. Confesa que se sinte moita impotencia.
     
    Fontes da Garda Civil confirmaron que neste incidente o hostaleiro non atropelou coa súa moto ó mozo coma se rumoreou nun primeiro momento. Do outro rapaz, que tamén se marchou sen pagar, ata o momento, non se teñen novas. Ningún dos implicados no sinistro foi detido.
     
     
    Redacción Salnés