A vendima 2010 convértese na máis abondosa na historia da DO Rías Baixas

    record_100.jpgO SALNÉS> Nesta vendima recolléronse uns 31 millóns e medio de quilos de uva nas Rías Baixas, o que converte a esta anada 2010 na máis elevada da…

    {flowplayer}images/salnes/08102010_record_vendima_rias_baixas.flv{/flowplayer}

    … historia da Denominación de Orixe Rías Baixas. Estes datos veñen de ser aportados polo Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador, cando aínda non se dou por pechada esta vendima, á espera de rematar ca recolleita dalgunhas variedades tintas; co que esta cantidade podería ser aínda maior nos próximos días.

    Esta marca ven a bater a anterior cifra histórica que databa do 2006, cando se recolleran 30,6 millóns de quilos de uva. Pero esta anada 2010, a maiores de ser farturenta en calidade tamén foi abondosa en calidade, posto que a uva caracterizouse polo seu bo tamaño e excelente nivel de maduración graduación e estado sanitario.

    Asemade, nos primeiros mostos tamén se está a constatar un bo rendimento da uva, na súa meirande parte albariña. Arestora o traballo continúa nas 204 adegas inscritas, que ademais de elaborar os viños, deberán traballar arreo nos mercados dentro e fóra das nosas fronteiras para dar saída a toda a producción resultante.

    Redacción Salnés