O lixo comeza a invadir as rúas de Padrón

    lixo.jpgPADRÓN> Os operarios non voltarán ó traballo ata avanzar na negociación do convenio colectivo que comezou o pasado mes de xuño.

    A segunda xornada de folga no servizo da recollida do lixo en Padrón comeza a ter os seus efectos. As bolsas de residuos acumúlanse nos contedores á espera de que os traballadores decidan poñer fin ó paro. Os catorce traballadores do servizo non tiveron máis remedio que recorrer á folga para tentar conseguir unha mellora salarial do tres por cento.

    {flowplayer}barbanza/folgalixopadron.flv{/flowplayer}

    Servizos mínimos

    Dende o inicio da folga, a medianoite do mércores pasado, non realizaron ningunha recollida. Non obstante, xa mantiveron unha reunión para establecer unha serie de servizos mínimos nas zonas máis sensibles como a gardería, os centros de ensino ou o centro de saúde.

    Mentres concello, empresa concesionaria e traballadores son incapaces de achegar posturas, na rúa os efectos da folga comezan a deixarse notar. Tanto os veciños, como as partes implicadas agardan unha pronta solución a este conflito para recuperare a limpeza nas rúas e a boa imaxe de cara ó turismo.

    Redacción Barbanza