RIBEIRA> A proposta, coa que colabora o Concello, parte da Asociación de Amas de Casa da localidade. Será un acto solemne, a partir das seis e media da tarde, na praza de España, onde se instalará un pequeno monumento conmemorativo, e se procederá a realización dunha ofrenda floral.
A praza de España será este vindeiro sábado o escenario dun acto solemne en homenaxe ás vítimas da covid.
Está organizado pola Asociación de Amas de Casa, e conta coa colaboración do Concello. Ese día procederase á inauguración dun pequeno monumento que lembrará a tódalas vítimas desta pandemia, ademais de ser tamén unha forma de agraceder o labor de moitas persoas e colectivos durante este tempo.
O acto, de aproximadamente unha hora de duración, estará aberto a toda a veciñanza que desexe asistir, aplicándose tódolos protocolos anticovid en vigor.