Os nacionalistas din non á suba dos servizos básicos

    bngbarbanzarecortessociais.jpgBARBANZA> O BNG presentará unha moción tipo en tódolos concellos da comarca para instar ó Goberno Central e á Xunta a dar marcha atrás na subas da luz, o gas e a auga.

    {flowplayer}barbanza/bngbarbanzarecortessociais.flv{/flowplayer}

    Dende o BNG consideran que na actual situación de crise económica non é o mellor momento para levar adiante subas no custo para as familias de servizos básicos como pode ser a electricidade, o gas ou a auga como están a facer tanto do Goberno Central coma da xunta de Galicia, medidas segundo eles claramente antisociais.

    Cinismo do PP

    Neste sentido a parlamentaria nacionalista, Ana Pontón, criticou o cinismo co que está actuar o Partido Popular dende a Xunta, aprobando una lei de augas que contén dous novo tributos, o canon da auga e o coeficiente de vertido, coa única intención de aumentar a recadación a costa das familias e particulares.

    Acto público

    O BNG do Barbanza prepara para este venres, no ISM da Pobra do Caramiñal, un acto público aberto á cidadanía, ás oito e media da tarde, no que se prevé analizar cal é a mensaxe dos nacionalistas sobre este asunto, no que participará Fernando Blanco, membro do comité de empresa de Endesa-As Pontes.

    Redacción Barbanza