BOIRO> En Boiro, o executivo firmou un convenio ca asociación Agadea e ca entidade CaixaBank para poñer en marcha un servizo de atención ás persoas e familiares de enfermos de alzheimer.
Para mellorar a vida dos enfermos e tamén dos seus familiares, o concello de Boiro firmou hoxe un convenio ca Asociación Galega de Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer, e con CaixaBank.
Un novo servizo que fomenta a calidade de vida dos veciños de Boiro e no que traballan terapias non farmacolóxicas. Ante unha enfermidade sen cura, aseguran, o máis importante está en traballar na prevención.
E para dar a coñecer os seus servizo, a asociación Agadea vai a realizar dúas xornadas de charlas que comezan mañá martes.
Trátase dun servizo temporal, pero a intención das entidades é conseguir establecelo na vila. Terá lugar luns, mércores e venres, de 15:30 a 18:30. Nove horas semanais para traballar cos enfermos.