A Pobra avanza un novo paso cara o saneamento integral

    saneamentopobra.jpgPOBRA> O saneamento na Coviña, A Pedreira-Camiño Ancho e no lugar do Lavadoiro, executarase ó abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

    {flowplayer}barbanza/saneamentopobra.flv{/flowplayer}

    Segundo explicou o rexedor pobrés, Isaac Maceiras, o reparto de achegas do Fondo de Compensación Ambiental realízase en base ó número de aeroxeneradores instalados no termo municipal.

    Deste xeito, A Pobra, ó contar con trinta e tres destes xeradores, lle corresponde un total de cincuenta e dous mil oitocentos euros. O concello pobrés investiraos no saneamento en A Coviña, A Pedreira-Camiño Ancho e no lugar do Lavadoiro en Pontenaveira.

    Recortes

    O edil de obras indicou que estas actuacións tiñan que ter sido financiadas polo anterior goberno da Xunta pero que varios recortes nas achegas impediron a súa execución. Pola súa banda, o rexedor, Isaac Maceiras criticou a agrupación local do BNG por ter anunciado, hai uns días, que se perderá esta subvención pola mala xestión do executivo local.

    Os traballos de execución destas actuacións, sinalou Maceiras, iniciaranse nas vindeiras semanas.

    Redacción Barbanza