![]()
RIANXO> Héctor Lorenzo será o novo adestrador do Club Remo Rianxo. Este mozo pretende liderar un proxecto con obxectivos a curto e longo prazo.
{flowplayer}barbanza/novoadestrador.flv{/flowplayer}
O Club de Remo de Rianxo cambiará o rumbo cun proxecto máis ambicioso e mellor organizado de cara as vindeiras tempadas. A partir de agora Héctor Lorenzo adestrará o equipo senior e o xuvenil. Tamén será o novo director deportivo. Nas súas mans e na dos seus colaboradores estará o novo proxecto deste club.
O obxectivo principal é darlle un pulo o remo, buscando o apoio dos rianxeiros. Segundo explicou Lorenzo tentarán recuperar a cultura deste deporte, que sempre estivo moi arraigada no municipio.
Novas áreas
O novo adestrador tamén falou de novos cambios na organización do club, onde se levou a cabo unha restruturación. A entidade constará de cinco áreas: administrativa, mantemento, económica, Comunicación e Deportiva. Na actualidade, o Club de remo de Rianxo conta con vinte un remeiros.
A intención do novo adestrador é traballar intensamente e con disciplina co obxectivo de acadar importantes logros de cara a vindeiras temporadas.
Apoio fundamental
Pola súa banda, o presidente da entidade, Joaquín Iglesias agradeceu o importante apoio económico das empresas colaboradoras, xa que gracias a súa aportación o club pode seguir adiante, mesmo neste momento de dificultades económicas.
Redacción Barbanza









