IC Boiro denuncia especulación comercial na modificación do Plan Parcial

    BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro denuncia a intención do goberno local de modificar o Plan Parcial dos solos urbanísticos públicos da zona de Barraña, proposta que hoxe previsiblemente se aprobará en pleno. Aseguran que a finalidade do concello é favorecer os intereses dunha empresa privada.  

     Esta  área, coñecida como A Boqueira de Anegral, en Boiro, está cualificada como dotacional no plan que está en vigor. Nestes terreos, que foron expropiados no seu día, construíronse estas pistas deportivas e este aparcamento que foi rematado hai sete anos, e nunca entrou en funcionamento. O goberno local leva hoxe a pleno a modificación puntual do plan parcial de Barraña no que se inclúen estes terreos. Para o voceiro de Iniciativa Cidadá, o que pretende en realidade o goberno local é favorecer a unha empresa privada e instalar aquí unha gran área comercial, o que ademáis perxudicará segundo afirma ó pequeno comercio. Desde Iniciativa Cidadá afirman que botarán en contra no pleno de hoxe, e que de aprobarse hoxe esta modificación, que previsiblemente será así posto que hai una maioría absoluta, desde o seu partido afirman que estudarán chegar ós tribunais para tentar anular o que consideran, unha ilegalidade. Desde o concello aseguran que non é certo que se queira instalar unha área comercial, e que o único que se pretende é regularizar a situación urbanística da plaza dacordo ó que dita o propio plan parcial. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/denuncia_ic_boiro_101120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/denuncia_ic_boiro_10112016.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí