Tres feridos tras unha liorta na zona de movida en Cambados

    PUB_ZAOcopy.jpgCAMBADOS> Os voluntarios de Protección Civil desprazáronse ata o lugar pero marcharon de seguido porque os feridos non estaban no lugar.

    {flowplayer}images/salnes/PELEXA_DISCOTECA_ZAO.flv{/flowplayer}

    Ó redor das catro e media da madrugada o 061 daba a voz de alarma ós voluntarios de Protección Civil de Cambados para que se desprazaran ata a zona de movida da localidade, diante do coñecido pub Zao na rúa infantas, porque se producira unha pelexa e había varios feridos. Uns vinte rapaces de entre vinte e vinte e catro anos estiveron implicados nesta liorta que se saldou con tres feridos de diversa consideración.

    Ó parecer os feridos chegaran polo seu propio pé ó centro médico onde foron atendidos por diversas contusións. A un deles tiveron que aplicarlle varios puntos de sutura na cara e o outro presentaba un golpe importante nun ollo.

    Segundo informaron desde Protección Civil é frecuente que haxa pelexas nesta zona as noite de movida. Moitos veciños e mozos da localidade tamén o recoñecen ademais do ruído que teñen que padecer.

    Efectivos da Garda Civil tamén se tiveron que desprazar ata o lugar para intervir entre os máis de quince mozos que participaron na liorta.

     Redacción Salnés