Unha cervexa artesá con adn vilanovés

    VILANOVA> Tres veciños de Vilanova de Arousa decidiron asociarse para montar o seu propio negocio… un negocio que con tan só 6 meses de vida xa produciu uns 6.000 litros do seu produto estrela: a cervexa artesá, pero si queren coñecer un pouco máis de esta sociedade, non se aparten do televisor, que de seguido llelo contamos. Rubia ou tostada, esas son as dúas variedades nas que se fabrica esta cervexa “Extrema de Arousa”, pero que en realidade, e máis concretamente, xurdiu en Vilanova. Iván, Sergio e Juan Ramón, tres veciños de este municipio de O Salnés, decidiron crear unha cervexa de autor artesá que nada tivese que envexar as grandes marcas que hoxe en día se poden adquirir en diferentes establecementos. Pois ben, na actualidade esta cervexa pode consumirse nuns 50 establecementos da contorna e no Super Nito de Vilanova. Unha nova andadura que xa conta cunha tirada de uns 6.000 litros a pesar da súa corta idade. Este novo proxecto con adn vilanovés presentase como un produto gourmet debido a súa fabricación artesá a baixo custe, porque todos os seus creadores coinciden en que debe ser un produto cun custe non demasiado alto para favorecer que o seu consumo. Entre bambalinas podemos adiantarlles que senón son capaces de atopala, poderán probala seguramente na Festa da Mexillón de Vilanova ou na Festa da Cervexa.