Descubren na Pobra exemplares dunha flor en perigo de extinción

    plantaextincion.jpgA POBRA> A planta, da que tan só quedan mil cincoentos exemplares en toda España, foi descuberta ó iniciarse os traballos do campo de fútbol de Cadreche.

     Un achado inesperado obrigou a modificar o proxecto de remodelación do campo de fútbol de Cadreche, no concello de A Pobra. Os traballos de inspección do terreo puxeron o descuberto unha pequena flor en perigo de extinción, da que tan só quedan mil cincoentos exemplares en toda España.

    Na zona onde apareceu esta planta estaba previsto construir o aparcadoiro da instalación deportiva. As máquinas xa traballan na construción do novo campo de fútbol. A carón delas, unha zona delimitada, de cincocentos metros cadrados, indica o espazo onde medra unha pequena pranta en perigo de extinción.

    Con todo, os traballos de construción do campo de fútbol continuan con total normalidade, na espera de manter unha reunión cos técnicos de Medio Ambiente.

    {flowplayer}barbanza/plantaextincionpobra.flv{/flowplayer}

    Dura competencia

    Esta pranta figura tanto no Catálogo galego de especies ameazadas da Consellería de Medio Ambiente como no libro vermello da flora ameaza de España, elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente. A súa presencia redúcese unicamente a comarca da Barbanza e a do Val Miñor, no sur de Pontevedra.

    A principios do século pasado era unha pranta abundante, sobre todo na zona litoral da provincia de Pontevedra. Pero a dura competencia con outros exemplares vexetais máis fortes parece estar detrás da súa desaparición. Tamén a degradación do seu hábitat pola creación de novas vias de comunicación e pistas forestais así como a presencia humana no monte foron definitivas para a súa extinción.

    Redacción Barbanza