O concello da Pobra destina a totalidade do POS a gasto corrente

A POBRA> O concello da Pobra destinará a totalidade do POS da Deputación a gasto corrente. Deste xeito, as taxas e impostos para 2023 permanecerán conxelados co obxectivo de aliviar a presión fiscal sobre a cidadanía neste contexto de crise.

A corporación pobrense aprobou destinar os 196 mil euros do POS da Deputación a gasto corrente.

Pola contra, si se investirá o remanente do Plan Único do pasado ano nunha obra: a execución dunha pasarela na AC-305 ó seu paso pola Mercé para favorecer a mobilidade e a seguridade nunha zona moi transitada posto que tamén coincide cun treito do camiño de Santiago.

Durante o pasado pleno aprobouse tamén o POS social que se investirá nos mesmos tres programas que no último exercicio: vivenda de emerxencia social, cesta da compra e comedor sobre rodas.

No que respecta ó Plan Complementario, o concello presentou a terceira fase do Camiño Real aínda que agarda que se execute antes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí